Comezo 2019-11-13T11:11:58+00:00
slider-mercado

Mercado de Tomiño. Mercado de excelencia

placeiros-mercado-tomino

Nós apostamos por este mercado

slider-8

Un lugar de encontro

slider-3

Os mellores produtos do Baixo Miño

slider-9

Sempre co mellor trato e servizo

slider-5

Moitos dos produtos son de colleita ou crianza propia

CERCANO

No centro de Tomiño, de fácil acceso e con todos os servizos

CALIDADE

Unha selección dos mellores produtos sempre frescos
mercado_tomino_141230_440

VARIEDADE

Unha ampla oferta en produtos de alimentación para a compra diaria
mercado_tomino_141230_503

CONFIANZA

Coñecemos o que vendemos, moitos somos produtores
mercado_tomino_141230_383

Presentación no Mercado de Tomiño do libro 'Una casa de Amargura' de Elisa Vázquez de Gey

Tarde de libros e historia no Mercado!

Este sábado 16 de novembro o Mercado de Tomiño acolle a presentación do libro ‘Una casa en Amargura’, un evento organizado pola asociación sociocultural Senraia que contará coa participación da autora da obra, Elisa Vázquez de Gey.

‘Una casa en Amargura’ conta a vida de Misterio, que chega a La Habana nun barco negreiro apresado por ingleses a finais do século XIX, cando xa está prohibida a trata. O Goberno colonial alúgaa a diferentes amos que, un tras outro, múdanlle o nome, antes de converterse en liberta de cor e coidadora dunha meniña branca nun caserón da Rúa Amargura. Ao seu falecemento, deixa un encargo: a presenza de cinco persoas na apertura do seu testamento. A busca desas persoas revelará segredos que serven á autora para abordar o inexplorado tema da escravitude doméstica urbana na Cuba española e brindarnos así unha novela histórica a través da cal coñeceremos a Cuba do século XIX.

Ás 18.00 h no primeiro andar!

 

Axúdanos a mellorar

Danos a túa opinion sobre o estado actual do Mercado, enchendo o seguinte formulario.

Encher Formulario