A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación concede unha subvención para a dinamización e promoción da asociación de praceiros do Mercado de Tomiño

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación concede unha subvención para a dinamización e promoción da asociación de praceiros do Mercado de Tomiño

A axuda por importe de 713,57 € foille concedida á Asociación de comerciantes e autónomos do Mercado Municipal de Tomiño ao abeiro da Orde do 5 de xuño de 2020 da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa Innovación pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centro comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.

Esta axuda da Dirección Xeral de Comercio e Consumo é para levar a cabo diversas actividades, cuxo importe total do investimento subvencionable ascende a 1.019,39 €.

Concretamente, as actividades subvencionadas son:

-A adquisición de roupa coa imaxe común do Mercado para o persoal de todos os postos (gorras, polos e mandís).

-A adquisición de mascarillas de tela para as/os praceiras/praceiros e

-Protección individual para os clientes (Mascarillas quirúrxicas e xel hidroalcólico)

2020-10-05T07:39:47+00:00