Actualidade

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participou este mércores nunha visita guiada pola exposición «Sorrisos transformadores», acompañada pola presidenta da Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participou este mércores nunha visita guiada pola exposición "Sorrisos transformadores" no mercado municipal, acompañada pola presidenta da Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS, Cristina Palacios, que pronunciou unha intervención moi interesante e dun xeito directo e natural, establecendo un auténtico dialogo cos adolescentes. A mostra, unha iniciativa artística [...]

A exposición itinerante “Sorrisos trans*formadores” chega ao noso mercado para quedarse até o día 15

A exposición fotográfica "Sorrisos transformadores", do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS, pode visitarse desde hoxe e até o día 15 no Mercado Municipal de Tomiño. Baixo o lema “Respecta-Defende-Sensibiliza-Iguala-Vive-E deixa vivir”, a mostra procura fomentar a visibilización do colectivo LGTBI dun xeito positivo, [...]

A artista Gemma Marqués presentou o proxecto “Anónimas” no Mercado Municipal de Tomiño

A acción pretende visibilizar e por en valor o papel das mulleres “correntes” que traballan de forma anónima por un mundo máis igualitario. Dentro da Axenda de Primavera do Concello de Tomiño, a artista guardesa Gemma Marqués presentou en Tomiño o seu libro “Anónimas” que da nome a unha exposición que acolle até o día [...]

O CRA conmemora o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cunha instalación no Mercado Municipal

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés conmemora o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, cunha instalación no Mercado Municipal. Para celebrar dita conmemoración, como vén facendo en datas sinaladas, o centro fixo unha instalación no Mercado de Tomiño coa que pretenden implicar a toda a vila, a través da súa participación. [...]

O sábado 22 de decembro abre as súas portas o novo mercado municipal de Goián

O proxecto foi realizado grazas á financiación da Dirección Xeral de Comercio e do propio Concello. Os veciños e veciñas de Goián, a segunda parroquia máis habitada de Tomiño, estrearán o vindeiro 22 de decembro, un mercado renovado e especializado en produtos da terra. Unha nova aposta do Concello de Tomiño, que pretende dar un [...]

O MERCADO MUNICIPAL DE TOMIÑO CONVÉRTESE NO PRIMEIRO EN CONTAR CO SELO DE “MERCADO EXCELENTE” QUE OUTORGA A XUNTA

– O conselleiro de Economía, Emprego e Industria entregou este mediodía á alcaldesa de Tomiño o distintivo de excelencia. – Apunta que para que máis prazas avancen neste camiño, o próximo ano poñerase en marcha unha nova orde de axudas na que os Mercados Excelentes terán prioridade – Para continuar a potenciar a innovación no [...]

Tomiño prepárase para a celebración dunha serie de actos e actividades no marco da campaña “En Negro contra as Violencias 2018”

Mañá xoves, 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo. O Concello de Tomiño súmase por segundo ano consecutivo, á campaña “En Negro contra as violencias 2018”. Durante o mes de outubro e novembro, dende a Oficina Municipal de Igualdade, [...]

Canceladas as 3ª Xornadas Micolóxicas Mercado de Tomiño, programadas para os días 9, 10 e 11 de novembro

Por mor do mal tempo, cancélase as terceiras xornadas micolóxicas organizadas pola Asociación de Praceiros de Tomiño, inicialmente previstas para a fin de semana do 9, 10 e 11 de novembro. Os organizadores, que contan co apoio do Concello de Tomiño, trasladan a actividade para os días 30 de novembro e 1 e 2 de [...]

Terceiras Xornadas Micolóxicas Mercado de Tomiño, os días 9, 10 e 11 de novembro

Un ano máis, chegan as xornadas micolóxicas organizadas pola Asociación de Praceiros do Mercado de Tomiño, coa colaboración do Concello...aquí deixámosvos o programa con todos os actos e actividades. Haberá charlas, exposicións e saídas ao monte con degustacións.Esperamos que vos guste e que participedes!

O BioMercado de Tomiño reunirá máis de 60 postos de produtos ecolóxicos, artesanía e gastronomía local

A praza do Seixo de Tomiño acollerá o domingo 30 de setembro, a cuarta edición do BioMercado, con 65 postos, dos que moitos estarán dedicados á alimentación saudable, produtos ecolóxicos e naturais. Ademais, a feira contará con diferentes actividades como charlas, obradoiros e conferencias. O Biomercado, presentado en rolda de prensa esta mañá, ven deste [...]