CERCANO
No centro de Tomiño, de fácil acceso e con todos os servizos
CALIDADE
Unha selección dos mellores produtos sempre frescos
VARIEDADE
Unha ampla oferta en produtos de alimentación para a compra diaria
CONFIANZA
Coñecemos o que vendemos, moitos somos produtores
Tarde de libros e historia no Mercado!
Este sábado 16 de novembro o Mercado de Tomiño acolle a presentación do libro ‘Una casa en Amargura’, un evento organizado pola asociación sociocultural Senraia que contará coa participación da autora da obra, Elisa Vázquez de Gey.
‘Una casa en Amargura’ conta a vida de Misterio, que chega a La Habana nun barco negreiro apresado por ingleses a finais do século XIX, cando xa está prohibida a trata. O Goberno colonial alúgaa a diferentes amos que, un tras outro, múdanlle o nome, antes de converterse en liberta de cor e coidadora dunha meniña branca nun caserón da Rúa Amargura. Ao seu falecemento, deixa un encargo: a presenza de cinco persoas na apertura do seu testamento. A busca desas persoas revelará segredos que serven á autora para abordar o inexplorado tema da escravitude doméstica urbana na Cuba española e brindarnos así unha novela histórica a través da cal coñeceremos a Cuba do século XIX.
Ás 18.00 h no primeiro andar!
Axúdanos a mellorar
Danos a túa opinion sobre o estado actual do Mercado, enchendo o seguinte formulario.