Un novo mercado para un novo tempo
Porque hai outro tipo de consumo que está unido á calidade e a autenticidade, que aínda non é patrimonio das grandes superficies, unha oportunidade da que tirará proveito o novo Mercado de Tomiño.
A reapertura do mercado conta actualmente con once postos de froita, verdura, carne, peixe, chacinería, panadería-pastelaría, produtos ecolóxicos, florería, etc., situados todos eles na planta baixa do edificio.
A planta superior acollerá outros postos que se irán incorporando en breve. Nesta planta superior, á que agora pode accederse tamén por ascensor, haberá sete postos máis de produtos de calidade que conformarán un novo espazo lúdico-gastronómico, dotado de música ambiental, wifi gratuíta, e outros servizos.
O deseño e distribución dos postos dentro do novo mercado non é resultado da improvisación, senón dun longo proceso consensuado cos praceiros, empresarios, comerciantes, emprendedores , proveedores e veciñanza en xeral, para artillar unha estratexia común adaptada á realidade económica actual e ás novas tendencias no que respecta á potenciación do comercio local e de proximidade, cunha oferta diferenciada e un trato cálido e directo co cliente.