Once expertos en turismo escollen Tomiño para traballar na creación dun dicionario especializado

Once expertos en turismo escollen Tomiño para traballar na creación dun dicionario especializado

– Procedentes de diferentes universidades españolas e coordinados por Rubén Lois, profesor de xeografía da USC, os investigadores traballarán até o domingo, analizando tamén as potencialidades do espazo transfronteirizo Tomiño-Cerveira.

– Os docentes universitarios aproveitaron o encontro de traballo para visitar o mercado municipal.

Once profesores de Turismo (todos xeógrafos) de diferentes universidades españolas (Madrid, Barcelona, Alicante, Sevilla, Mallorca, Málaga, etc.), acompañados por Rubén Lois (catedrático de Xeografía na USC), participan dende hoxe até o domingo dun encontro no Concello de Tomiño.

Trátase dun grupo de expertos que ademais de traballar en rede, fan encontros periódicos en novos espazos turísticos, non masificados. No caso de Tomiño, interésalles especialmente o territorio transfronteirizo e o clima.

O cometido é coñecer as novas tendencias en turismo, novos espazos non saturados, etc. para a creación do primeiro dicionario-manual de turismo en español e as outras linguas oficiais, destinado ao ámbito universitario e a profesionais especializados.

Na primeira sesión de traballo foron recibidos pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen lles deu a benvida e faloulles sobre as características da vila; os seus recursos e potencialidades económicos, naturais, etnográficos e turísticos.

2017-07-26T13:01:51+00:00