Project Description
O FOGÓN DO MERCADO
Posto 10 do 1º andar
Son Tania, o Fogón do Mercado é un soño feito realidade, no que gozo cociñando con agarimo e ilusión para que a clientela poida saborear comida caseira, feita con produtos de calidade e da maneira máis saudable e natural.
Todos os días, para o almorzo propoño un menú variado e de calidade e polas tardes as mellores pizzas con produtos frescos e masa artesanal.
Aceptamos pedidos e tamén preparamos menús a gusto do consumidor.
Teléfono: 986 908 427